Alguén de vós é capaz de adiviñar canto tempo estiven na caseta de Libros del Zorro Rojo en Viñetas dende o Atlántico? É o malo de non ter máis cartos: que non podermos mercalos todos e hai que elixir. Por riba, só podía elixir un. E desta volta tiña claro que quería un de Edward Gorey, polo que me deixei aconsellar pola encantadora representante da editorial: La niña desdichada. Abofé que é unha pequena xoia: humor negro levado ás últimas consecuencias sen ningunha concesión á esperanza; todo no libro é unha pura traxedia que fai que a alma do lector vaia devecendo con cada páxina ata petrificarse na última páxina. As ilustracións que acompañan o texto, tamén de Gorey, son delicadas e precisas, en branco e negro -coma o texto-, e todo nun libro de pequeno formato moi axeitado que constitúe unha alfaia relucente nos andeis da libraría.
Nenhum comentário:
Postar um comentário